LAS MAJADAS...Verde que te quiero verde



Contos de Noiturno e Aleivoso  V:)

Coma as mouras areas de certas praias, tralas copas, era a noite polas Majadas.
Tremando alleas en perpetos chiscos ateigaban luz de gas pra proxectar as nosas tebras sobor daquela terra. 
Unha Venus de Willendorf asume a súa presenza oolítica enriscada ao canto dun cantís que se espalla sobor os restos daquel mar de Tetis en que atopámonos. Dona, noutro tempo, destes luares alagados máis alá onde a vista acada intervimos dun encontro afémero de meteoros que repítense noite tras noite sen asueto bombardando canta terra achan ao seu paso. Dan na diana da mítica cazadora poucos e certeiramente algúns gamos trócanse en vela de enfrenazos entretidos. 
Arriscadas as horas en lombas testemuñas pasamos daquelas fondas augas agora casqueiros ríos e arroios que foradan aos poucos o leito ao que encaixan discorrendo pra voltar a súa vella xuntanza de fai eones. 
Pé abaixo e a caída mortal escarallaría o soño das cativas luces desta bóveda. 
Coma dous trobos contempramos ao  luz verde que desprende o monstro ascondido de Trillo, tralos planaltos das Tetas de Viana.
Eso...[d:D´]

Coma micas dunhas praias de areas mouras do océano macaronésico.