Solpor e tormenta unhas horas antes, cara Gredos |
Arroupados de Selene, capítulo 1, divertículo 1:
──Sexa
a luz e foi a luz.
──E
vimos que era boa separada das tebras
¡Que vén o preto, que vén o petro!...
Ao berro de guerra unha nova noite botóullenos coma unha
manta raia, punto.
¡Que vén o preto, que vén o preto!...
E desaparecendo do chan todo raio véullenos enrima coma lene hálito noituno ao voo aqueixado da garza que desesperanzada alouta en
dirección a Venus.
Xa o dixo aquela noite de mariorrubio coma berro perplexo
doutro combate anterior: ¡ Ás armas! seica atácannos entre tanta auga
contaminada só quedaranos gasoil ata o remonte. Deamos volta e montemos o
campamento nesta linha encol a ponte que pra ramas xa está canela.
A lúa canela ladraba cores de ocre parda e a terra
entremesturada de farallóns e areiscas daba paso a un invisíbel canón de
riscas de neis máis aló da boscaxe da fraga. Tudo escuro.
¡Que vén o petro, que vén o petro!
E eu por pés levo gadoupas coma o animal que levo dentro.
──E
negarasme tres veces:
¡O animal, o animal, o animal!
¡Vaise a pór preto, vaise a pór preto!
En ocasións chegar máis aló é falta de tempo, ao non haber
antelación suficinte á situación tallante. Son cousas da 2.
Estes luares son bos e dan máis do que permiten a primeira
vista. É a tanxente.
O porto que roxe amortuxado no seu cume xa non é alto no caminho
se non luar de paso ao que atravesamos sen deternos na fontela do descenso seica as multas.
Algo máis das doce, medianoite e nos o relento.
Unha ollada aos encoros eutróficos revélannos que as súas charcas augas abaixo deixarán ludros e vergonhas ao ser nelas presas. Diques de augas contidas de pracer e xogo, pra goce de todos que coas súas máquinas e cabos esquían sobor a súa agás transparente lámina. Logo din que está cara. Toma! e o peixe.
Unha ollada aos encoros eutróficos revélannos que as súas charcas augas abaixo deixarán ludros e vergonhas ao ser nelas presas. Diques de augas contidas de pracer e xogo, pra goce de todos que coas súas máquinas e cabos esquían sobor a súa agás transparente lámina. Logo din que está cara. Toma! e o peixe.
E despois dunhas horas dixo:
──Vou
pórme algo, nótase o fresco.
O reflexo quéixase de nitidez e a silueta só é un bosquexo do
que foi. Alí cheira a bosta; a caldo de cultivo, fede a estércol e feo fundido. Estrume e frescuallo
Finou o vrau e as noites son frescas.
Ás veces perdo fonemas pois cégame a luz sobroxeito e
retírome ao fundo dunha ola que si toda non escapa xa sábese onde vén.